E-mail: info@carpinterianando.com
Carpintería Nando - Fabricación propia e a medida

Carpintería Nando - Fabricación propia e a medida

Fabricamos cociñas de principio a fin

Una das especialidades dos profesionais que formamos Carpintería Nando é a fabricación de cociñas de principio a fin.

Temos convenios con marmorerías, mais se non che convencen os productos manufacturados polas mesmas, nós tamén fabricamos os mesados en diversos materiais como solid surface, madeira, compacto fenólico, etc...

Somos distribuidores da maior parte de marcas de electrodomésticos do mercado, destacando a marca Neff como a máis punteira, de venta exclusiva por fabricantes e firmas de alta cociña.

Carpintería de madeira en Noia

Armarios a medida

Na nosa carpintería de madeira fabricamos todo tipo de armarios e vestidores para adaptarnos as túas necesidades.

Dispoñemos de programas de deseño 3D cos que poderás visualizar e maximizar o aproveitamento do espazo ao teu gusto.

Mobiliario de baño

Confía nos nosos profesionais e encárganos o mobiliario do teu baño. Adaptarémonos aos teus gustos, presuposto e espazo, empregando os materiais que máis se axusten a cada traballo.

Podemos pasar do modelo máis clásico ao máis moderno. Chámanos e fainos saber cal é o estilo que mellor se adapta a ti.

Carpintería de madeira en Noia

Maquinaria do máis innovadora

En Carpintería Nando contamos cun centro de mecanizado por control numérico de última xeración que nos permite realizar infinidade de traballos en múltiples materiais como madeira, metacrilato, pvc...

Con el podemos incluso facer un tallado a partir dunha imaxe, logotipo, texto, ou múltiples formas sobre o material.

Encárganos o deseño da túa cociña

Se estás a reformar a túa cociña ou amoblando unha nova, ponte en contacto co equipo de Carpintería Nando para que fabriquemos todo o mobiliario que precises para a mesma a medida. Lembra que tamén podes encargarnos os electrodomésticos.